FICHA de Especie:
Lactarius acris (Bolton) Gray
- Localización: España, Galicia, Lugo, O Corgo, Santo Estevo de Folgosa
- Coordenadas e/ou altitude: 487 m
- Ecoloxía (hábitat): Baixo Castanea sativa e Quercus robur
- Leg.: Jose Castro
- Det.: Jose Castro
- Data da recollida: 27-09-2015
- Código de herbario: JCAS0133028000048
- Breve descripción macro e micro: Sombreiro ondulado, giboso, ata 50 mm diámetro,cor marrón clara e branca por zonas,ás veces con mamelón obtuso. Cutícula lixeiramente viscosa. Lamelas adnatas a subdecorrentes, un pouco espaciadas, con numerosas lameliñas, cor crema. Pé cilíndrico, cheo, rugoso, base roma, cor branca, ás veces con típicas manchas de cor amarela cromo. Látex branco, abondoso, vira a rosa intenso, coral, incluso illado. Sabor moi picante. Esporas subglobosas, de 7,7-9,1x6,3-8,2μm, Q=1,10-1,18, cristadas e reticuladas, amiloides. Basidios craviformes, tetraspóricos, 38-66x10-12,5μm. Macrocistidios de 32-67x4-8,5μm. Pileipellis tipo "virescens". Caulopellis mixta cara a trichoderma.
- Fonte (datos de publicación do taxon, no caso de habela).: CASTRO FERREIRO, J. 2017. Dúas interesantes especies pertencentes ao xénero Lactarius: Lactarius acris e Lactarius lacunarum. Tarrelos 19:4-8
- Nome e contacto do autor do texto e das fotografías.: Jose Castro
- Como citar: Jose Castro (2019) Lactarius acris in Catalógo Micolóxico de Galicia. FGM. http://www.fgmicoloxia.org/catalogo.php
-
Outras CITAS:
- A Coruña:
- Lugo:
- Ourense:
- Pontevedra: BLANCO-DIOS, J.B. (2008); BLANCO-DIOS, J.B. (2010).
- Fuente: RODRÍGUEZ-VÁZQUEZ, J. et CASTRO, M.L. 2016. Micobiota galega, 1867-2015 (Ascomycota, Basidiomycota). Documento preliminar para a base de datos micolóxica galega MICOBIOTAGALICIA.MDB. Ed. Grupo Micolóxico Galego. Recuperado de. www.mykes.es/uploads/media/default/0001/01/32aa7b1dd8353d8f3f59bc726292 890cb95bb3e6.pdf
- Fotos Macro e Micro:
