FICHA de Especie:
Microglossum viride (Pers.)Guillet 1879
- Localización: España, Galicia, A Coruña, Cerdido
- Coordenadas e/ou altitude: 43º35´42,1"N 7º54´23,0"V 192 m
- Ecoloxía (hábitat): Bosque de frondosas, oculta polas follas, entre brións.
- Leg.: Alexandre Xosé Ramos Gorgozo/ Mónica Saavedra López/Jose Luis Cuba Crespo
- Det.: Mónica Saavedra López
- Data da recollida: 20/11/2020
- Código de herbario: Breixo 2020201101
- Breve descripción macro e micro: Ascomycete da familia Geoglossaceae que se manifesta con formas clavuliformes,fusiformes e de cor verde ou verde - azulada. Pode acadar os catro cm de altura sendo liso ou cunha lixeira fenda lonxitudinal na parte fértil.
O pe, claramente diferenciado e as veces concolor, presentada unha superficie granulada ou con pequenas escamas.
Ascosporas oblongo-elìpticas, hialinas e con gútulas. Ascos clavados, + Melzer, co ápice as veces lixeramente estreito, biseriados. ¨Paráfisis filiformes, ramificadas as veces, e co ápice formando unha especie de casquete.
- Fonte (datos de publicación do taxon, no caso de habela).:
- Nome e contacto do autor do texto e das fotografías.: Alexandre Xosé Ramos Gorgozo. Micro: Mónica Saavedra López
- Como citar: Alexandre Xosé Ramos Gorgozo, Mónica Saavedra López (2020) Microglossum viride in Catalógo Micolóxico de Galicia. FGM. http://www.fgmicoloxia.org/catalogo.php
- Outras CITAS:
- A Coruña:
- Lugo: MARCOTE, J.M.C., POSE, M. et TRABA, J.M. (2011).
- Ourense: LÓPEZ RODRÍGUEZ, M.C. et PENALTA RODRÍGUEZ, M. (2003).
- Pontevedra:
- Fuente: RODRÍGUEZ-VÁZQUEZ, J. et CASTRO, M.L. 2016. Micobiota galega, 1867-2015 (Ascomycota, Basidiomycota). Documento preliminar para a base de datos micolóxica galega MICOBIOTAGALICIA.MDB. Ed. Grupo Micolóxico Galego. Recuperado de. www.mykes.es/uploads/media/default/0001/01/32aa7b1dd8353d8f3f59bc726292 890cb95bb3e6.pdf
- Fotos Macro e Micro:




