FICHA de Especie:
Penicillium vulpinum (Cooke & Massee) Seifert & Samson, in Samson & Pitt (eds), Advances in Penicillium and Aspergillus Systematics (New York): 144 (1986) [1985]
- Localización: España, Galicia, Lugo, Folgoso do Courel, San Xoan de Seoane
- Coordenadas e/ou altitude: 42º38’33”N 7º07’59”W a 615 m s. n. m.
- Ecoloxía (hábitat): sobre excremento de Meles meles (teixugo)
- Leg.: Alfonso Vázquez
- Det.: Oscar Requejo & Julián Alonso
- Data da recollida: 10/06/2017
- Código de herbario: LUGO_ECC17061004
- Breve descripción macro e micro: Fungo anamórfico que forma colonias de coremios (=sinemas), que son conidiomas alongados e erectos compostos por agregados de conidióforos nos que os conidios se forman nos
ápices. Cada coremio ten forma de maza erecta de 2 a 6 mm de altura cun estípite de
cor rosada de 1-4 mm e unha cabeza ou capítulo globoso ou elipsoide de 1 mm de diámetro
e ata 2 mm de alto, cor verde-azulada, aspecto granuloso e superficie agretada, formada por
cadeas de conidios empaquetados e entrelazados. Conidios elipsoides, lisos, de 4-4,5×3-3,5
μm. Sobre excrementos de animais. P. clavigerum ten conidiomas con cabeza cónica ás veces ramificada e pouco diferenciada.
- Fonte (datos de publicación do taxon, no caso de habela).: Alonso Díaz, J.; Rigueiro Rodríguez, A. (2020). Catálogo da macromicobiota das montañas do Courel. (Galicia, NO España). Monografías do Ibader, Serie Cadernos da Estación Científica do Courel. Ibader. Universidade de Santiago de Compostela. Lugo.
- Nome e contacto do autor do texto e das fotografías.: Julián Alonso Díaz
- Como citar: Julián Alonso Díaz (2021) Penicillium vulpinum in Catalógo Micolóxico de Galicia. FGM. http://www.fgmicoloxia.org/catalogo.php
- Outras CITAS:
- A Coruña:
- Lugo:
- Ourense:
- Pontevedra:
- Fotos Macro e Micro:


